06/05/09

Caixa Galicia celebra o día das Letras Galegas cunha exposición

A Biblioteca Fundación Caixa Galicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16) participará nos actos do Día das Letras Galegas cunha exposición bibliográfica sobre Ramón Piñeiro, autor ao que está adicado este ano o Días das Letras Galegas, e outros escritores premiados durante toda a historia deste día conmemorativo. A exposición poderá visitarse do 4 ao 30 de maio.
O centro compostelán, consagrado á promoción da literatura e do libro entre os máis novos dende 1974, amosará diferentes libros de Ramón Piñeiro, obra doutros autores sobre o escritor lucense e tamén outra bibliografía de diferentes escritores homenaxeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas.
Neste ano o elexido é Ramón Piñeiro, filósofo, ensaísta e político galego. Ramón Piñeiro, un dos máis importantes personaxes do galeguismo político e cultural en Galicia tras o remate da Guerra Civil. A pegada rural marcou dende o seu nacemento a súa vida, caracterizada por un fondo vencello á terra, a opción por unha vida modesta e un amor inquebrantábel ao idioma.
Ben vale a pena, pasar por alí!

Sem comentários:

Enviar um comentário