26/05/09

Ouvirmos recupera o acordeón mariñeiro dos Moreira

A discográfica publica o libro-disco 'Acordeón Mariñeiro' dos irmáns Moreira, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón.R ecompila a totalidade das súas gravacións comerciais, e tamén un importante conxunto de pezas inéditas, amais de reproducións gráficas e un rigoroso estudo documental sobre a agrupación musical.
Foi o antropólogo bonaerense Norberto Pablo Cirio quen investigou e recuperou a historia dos Moreira para Ouvirmos. Cirio desenvolvera na Arxentina o proxecto La música tradicional gallega en la Argentina. Permanencia y proceso de cambio a partir del proceso migratorio, e no 2002 levou o "Premio Latinoamericano de Musicoloxía Samuel Claro Valdés" e obtivo tamén unha bolsa do Centro de Documentación e Danza do INAEM Os Hermanos Moreira, orixinarios de Ponteceso, chegaron nos anos 20 a Buenos Aires. Ensaiaban na barbería dos irmáns, montaron un estudio de gravación no soto da casa. A comezos dos 30, máis ou menos, Pedro e Manuel comezaron como dúo, e ao longo do tempo fóronse incorporando varios músicos á agrupación. Levaron polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños até finais dos 60, cando se disolveu. Algunhas das pezas máis populares do seu repertorio eran o vals "Recordando a Galicia" ou o pasodobre "Aires de Bergantiños", amais do vals arxentino de corte hispano "Así cantaba mi madre", a rancheira "Cancha a la rueda", ou a rumba "El loco de la batería" Escoitámolo e opinamos?

Sem comentários:

Enviar um comentário