25/05/09

TEATRO NA CASA DA CULTURA






















Seguindo coa celebración arredor das letras, o 20 de maio, os alumnos de 4º e 5º de primaria e 1º ESO acudiron á representación da obra “De pais a fillos, coa lingua fóra”, a cargo do grupo Amoriñas das silveiras. Este grupo de teatro afeccionado, integrado por alumnas do centro de distintos cursos, xurdiu da colaboración do ENDL e a ANPA como unha actividade extraescolar. Malia a que esta era a súa primeira actuación con público fixérono de marabilla e o público aplaudiulles un bo anaco. Nótase que Víctor Vez é un bo mestre e elas teñen madeira de actrices!! Para o ano agardamos que máis alumnos participen desta actividade.
Aquí tedes algunhas fotos.

Sem comentários:

Enviar um comentário