26/05/09

GUADI GALEGO PRESENTA O SEU NOVO DISCO




“Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz”. Con estas deliciosas palabras introduce a cantante Uxía á todos aqueles dispostos a disfrutar unha vez máis dunha das mellores voces da música galega de todos os tempos, a de Guadi Galego. Quen fora voz de Berrogüetto, Espido e Nordestinas ven agora de presentar o seu album en solitario ‘Benzón’, que son, coma di ela, “as mellores grazas que se poidan dar”. Xunto delas estaba o seu inseparable Guille Fernández, quen participou na composición da música e dos arranxos.
Guadi Galego presenta un disco coral coa tamén participación de boa parte dos máis importantes creadores musicais da actualidade: Fran Pérez ‘Narf’, Santi Cribeiro, Leilía, Xacobe Martínez, Leandro Deltell, Xabier Díaz, Pablo Pascual, Quim Fariña, Abe Rábade, Pedro Pascual, Pedro Lamas, Marcos Vázquez e Suso Iglesias.
“Benzón, Guadi, en nome do futuro alentador que nos brindas a nós e aos que virán. ¡Viva a terra que pisas!” léese no exordio de Uxía.
Escoitámolo?


"Benzón, Guadi, ¡Viva a terra que pisas!

Sem comentários:

Enviar um comentário