12/05/09
Murado e López Silva, dous dos galardoados na Cea das Letras
Os premiados este ano pola AELG son todos escritores expertos, que ven consolidada así a súa presenza nos altares da literatura en galego.
A Cea das Letras tivo lugar como un encontro entre colegas. Organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, un dos seus obxectivos é a entrega dos premios que outorgan anualmente, produto das votacións de todos os asociados, que desta volta decidiron dar o título de Escritora Galega Universal á experimentada xornalista mexicana Elena Poniatowska.Nas categorías tradicionais, os titulares dos premios son todos dun altísimo nivel. Miguel Anxo Murado é galardoado pola súa punxente crónica dos pobo palestino (o ensaio Fin de século en Palestina), logo de recoller nun estilo moi literario diversas historias dos seus últimos cinco anos de traballo.Inma López Silva xa non é unha promesa, é unha das grandes da literatura galega contemporánea. Próbao a súa obra narrativa Memorias de cidades en luz, premiada como a mellor do pasado ano.Outra muller que pega forte é Teresa Moure, que consegue un texto que está a gustar en todos os gremios artísticos; unha obra teatral de corte clásico situada nos tempos das Revoltas Irmandiñas.Completan o palmarés Gonzalo Navaza, pola súa tradución do clásico texto de Baudelaire, As flores do mal; e Xulio L. Valcárcel, pola súa obra poética A melancolía dos corpos, coa que volve probar que é unha referencia. Tamén é premiado Xavier P. Docampo, que transporta aos lectores máis pequenos a lugares fantásticos en O libro das viaxes imaxinarias.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário