Caderno de animalista é a segunda entrega da colección Oqart, de Oqo Editora, que se inaugurara co Gran libro dos retratos de animais, de Svjetlan Junakovic. Precisamente, este álbum acadou o recoñecemento do Primeiro Premio Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado 2007. Tamén no 2006, outro libro de Oqo, Celestino Tarambainas, levara o terceiro premio nesta categoría.
En Caderno de animalista as ilustracións de Maurizio A.C. Quarello (Turín, 1974) coma nos textos de Antón Fortes (Sarria, 1957) reinterpretan obras xeniais da pintura dos dous últimos séculos. Ao igual que na obra precedente de Svjetlan Junakovic, os animais tamén son os protagonistas dunha obra cargada de humor.
Estes premios do Ministerio de Cultura non teñen dotación económica, pero son moi valorados polas editoras ao ser expostos os seus libros nas principais feiras internacionais do libro. O xurado valorou 377 obras incluídas en cinco grupos temáticos: Libros de Arte, de Bibliofilia, Facsímiles, Infantís e Xuvenís e Obras Xerais e de Divulgación .
Gústavos?

Sem comentários:
Enviar um comentário