O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, lamentou a "preocupante" situación que atravesa actualmente a lingua galega, a falta dunha semana para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2009 e que este ano protagoniza a figura do escritor e ensaísta do concello lucense de Láncara, Ramón Piñeiro.
Xosé Ramón Barreiro, que rexenta a presidencia da Real Academia Galega dende o ano 2001, licenciouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma en 1963 e posteriormente en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Precisamente, a celebración do 17 de maio coincide cunha manifestación en Santiago "en defensa do galego" convocada pola entidade A Mesa pola Normalización Lingüística, en resposta ás medidas anunciadas pola actual Xunta de derrogar o decreto que regula o uso do idioma no ensino.
Así, Barreiro aclarou, nunha entrevista concedida a Europa Press, que este panorama de "belixerancia" respecto á política lingüística "é unha cuestión que se provoca". "Pola lingua, estamos preocupados, sobre todo polo cambio de goberno,", lamentou.
O responsable da RAG asegurou tamén que "non se sabe que vai pasar" en materia de normalización, polo que espera unha situación incerta", aínda que aclarou que "este panorama non afecta ás Letras Galegas". "Sempre celebramos este acto e á RAG ninguén lle impón un calendario", sentenciou.
Que pensades?
Sem comentários:
Enviar um comentário