16/04/09

Publicadas na rede obras inéditas de Castelao


Os elementos patrimoniais e artísticos, tales como documentos, pinturas, esculturas ou fotografías de autores galegos na emigración e depositados en doce centros galegos no exterior poderán consultarse dende hoxe de xeito público vía internet grazas a un catálogo elaborado pola Secretaría Xeral de Emigración a partir da dixitalización en alta calidade destes elementos. Así, entre os elementos máis importantes descubertos ata o momento polos expertos, o secretario xeral de Emigración nomeou dúas obras "inéditas ou moi descoñecidas" de Castelao depositadas no Centro Galego de Rosario, en Arxentina, concretamente unha acuarela e un debuxo a plumilla.

Que pensades? Opinade

1 comentário: