21/04/09

Pola supervivencia da lingua

Nace a Plataforma Galego Sempre Máis, en resposta ao panorama de política lingüística actual, que o 17 de maio se manifestará "contra a imposición do castelán"
Este sábado presentouse en Vigo a Plataforma Galego Sempre Mais, ­unha plataforma que nace "como necesidade de resposta unitaria perante o panorama de política lingüística actual". Segundo informa nunha nota de prensa, este colectivo que tamén está na rede (www.galegosempremais.net), celebrará o seu primeiro acto o 17 de maio cunha manifestación en Compostela conxugando "o ambiente festivo co reivindicativo" baixo o lema "Contra a imposición do castelán: galego sempre mais". A Plataforma fixo público tamén un manifesto que pretende "representar" o movemento reintegracionista do país.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário