16/04/09

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, constituída recentemente en Santiago, iniciou a recollida de sinaturas en defensa do Decreto do galego no ensino non universitario, cuxa derrogación anunciou Alberto Núñez Feijoo.

A primeira entrega de firmas terá lugar o vindeiro sábado, día en que tomará posesión o novo presidente da Xunta, e posteriormente realizaranse outras, segundo avance a campaña.

Esta iniciativa iniciouse fai cinco días hábiles e os promotores expresan nun comunicado a súa satisfacción polo apoio xa recibido, «máxime cando a adhesión require dunha reunión interna do equipo de cada centro».

Para a coordinadora, «esta masiva resposta evidencia a preocupación dos equipos ante a revisión do marco lexislativo actual».

Unímonos o sábado 18 abril a ir entregar as firmas? Participade!

Sem comentários:

Enviar um comentário