
Luar Na Lubre, un dos máis exitosos grupos de folk galegos, comeza a celebración do seu 24º aniversario cunha xira e a publicación do seu primeiro álbum en directo, Ao vivo. Onte presentaron en Madrid este disco que foi gravado en dúas actuacións os días 22 e 23 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, coas colaboracións especiais de Luz Casal, Pedro Guerra e Diana Navarro. Temas clásicos como A túa xitana, O son do ar, Pousa ou Chove en Santiago así como o inédito Axeitame a polainiña foron algunhas das cancións que se escoitaron nesas actuacións en xaneiro, con todas as entradas vendidas, "un feito inusual entre os grupos de música folk", afirmou onte Bieito Romero, un dos fundadores do grupo.
Ao vivo, que saiu á venda hoxe mesmo, inclúe un documental, o concerto completo e un ‘bonus track' con Ismael Serrano que interpreta O dereito de vivir en paz, unha homenaxe ao poeta e cantor Víctor Jara.
Escoitámolo e opinamos?
Sem comentários:
Enviar um comentário