03/04/09

GZVideos e Olho livre no Cineclube de Compostela

Dentro do seu posicionamento na loita pola cultura libre, o Cineclube non podía deixar de render homenaxe a estes dous colectivos que hoxe en día traballan cunha produción audiovisual completamente libre e independente, que reflicta os diferentes movementos sociais e políticos de Galiza.
En concreto, GZVideos proxectará unha remontaxe inédita do seu labor desde o 2008, chamada Un ano de GZVideos (Galiza, 2009), mentres que Olholivre traerá a curtametraxe A cultura preokupa (Galiza, 2008), sobre a ocupación dun espazo deshabitado no ameazado barrio das Atochas-Monte Alto, na Coruña. A proxeccións, como é habitual, será ás 22.00, no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21), con entrada de balde, aínda que se pode adquirir un bono axuda a 1 euro.
Pola súa banda, o colectivo de Olholivre (olholivre.net), tamén tenta construír "un espazo de traballo onde creadoras e activistas conflúan na creación de ferramentas de expresión feitas desde e para os movementos sociais". Entre os seus obxectivos constituíntes está a formación teórica e práctica fóra do sistema formal de ensino, coa idea de construír un grupo aberto de traballo preparado tecnicamente (no coñecemento e nos medios) para emitir crónica e opinión en forma audiovisual calquera sobre a nosa realidade social e política. Entre as actividades que realizaron destacan as Xornadas "Cultura Libre para unha sociedade libre", en xuño de 2008, o mantemento dun obradoiro de audiovisual ou traballos como Galicia-Sicilia: Símiles. Na actualidade, preparan un documental en coprodución con A ría non se vende.
Que vos parece? Opinade

Sem comentários:

Enviar um comentário