28/04/09

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística



A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presentoulle ao novo goberno 200 sinaturas de equipos de normalización que están preocupados pola derrogación do decreto do galego no encino


“Nacemos para traballar a prol da lingua. Temos xente de ideoloxía moi plural, como debe ser. Que non nos confundan con partidos nin nos instrumentalicen”, afirma Valentina Formoso, que foi elixida en asemblea voceira da Coordinadora que defenderá o idioma nos centros educativos e na rúa.

A Coordinadora nace para organizar actividades conxuntas dos equipos de normalización no sentido de aproveitar recursos e aunar esforzos na dinamización lingüística nos centros. Esa é a liña da Coordinadora, os obxectivos son as actividades nos colexios. Houbo unha primeira medida, puntual, que foi redactar un documento que sinalase a nosa preocupación, como tamén lle pedimos unha entrevista ao novo presidente.

Sem comentários:

Enviar um comentário