28/04/09

O SELO VIOLETA

Preguntarédevos que é!! Pois é unha boa nova para o noso colexio, para o ENDL e, por suposto, para o noso blogue.
Os compañeiros do ENDL do CPI don Aurelio de Cuntis agasállannos co SELO VIOLETA, un premio que reciben os blogues que posúen as sensacións que produce esta cor: o magnetismo, a ilusión, a maxia... Consideran que merecemos este agasallo por ser unha das bitácoras máis activas no curso 2008-2009.
Aceptar o selo supón cumprir os seguintes compromisos:
- Exhibir o selo no blogue coas súas regras.
- Indicar as bitácoras que consideramos nós que tamén o merecen (e por suposto, avisar aos premiados).
- Escribir dous poderes máxicos que consideramos ter.

Como non podía ser doutro xeito, aceptamos o selo Violeta e pensamos que deben telo, coma nós:
- IES Pedra da Aguia (Camariñas): http://pedradaaguia.blogspot.com/.
- IES Elviña (A Coruña): http://www.gavieira.blogspot.com/
- IES Nº1 (Ribeira): http://caghaboi.blogaliza.org/

Por último, contarvos que os dous superpoderes que nos caracterizan son:
- A dedicación e esforzo que poñemos no noso traballo.
- A firme convicción de que non é en balde, que somos moitas e moitos os que compartimos a mesma ilusión e o compromiso coa nosa lingua.

1 comentário:

  1. Vilán, Pedra da Aguia9/5/09 23:05

    Gracias polo agasallo e perdoade o retraso, pero é que non vin o comentario. Hoxe, de casualidade, porque estaba de revisión.

    Procederemos en brevo co sello. Gracias

    ResponderEliminar