Uns 45.000 alumnos e alumnas de 500 centros educativos de toda Galiza participarán este ano nunha nova edición do 'Correlingua', que incluirá un total de 14 carreiras para 'avanzar día a día en defensa do galego'.
O próximo 5 de maio arrincan en Vigo e en Pontevedra as carreiras a prol da lingua, nas que participarán uns 45.000 estudantes. Baixo a denominación 'Correlingua' organízase esta proposta lúdico-educativa que intenta invitar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a crecer en galego.Así o explicou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, organizador do evento xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Federación de Ensino da CIG e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo. Nesta liña, Callón cualificou de "exitosa" esta iniciativa, que se celebra de xeito regular desde o ano 2000 e asegurou que evidencia "que se pode seguir avanzando día a día na defensa do galego".En concreto, o presidente da Mesa animou os mozos a "defender" a lingua, xa que "é a columna vertebral dos galegos" e reclamou que as persoas "que queren vivir en galego" poidan ter "os mesmos produtos" que os que deciden empregar o castelán, entre os que enumerou teléfonos, mp3 e cancións en discotecas.PremiadosNo acto de presentación do 'Correlingua' 2009, entregáronse os premios dos concursos desta novena edición, na que participaron máis de 500 centros. Así, en torno ao lema 'En Galego! Pásao', resultaron gañadores os alumnos de 3º de Primaria do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa, na modalidade de 'banda deseñada'; e o alumnado de 4º de ESO do CPI de Panxón, en Nigrán, na modalidade de 'manifesto'.Así mesmo, na modalidade de 'banda deseñada' resultou finalista o terceiro curso de Primaria do CEIP Labarta Pouse de Baio, en Zas; e o quinto de Primaria do CEIP A Xunqueira Nº1 de Pontevedra.No apartado de 'manifesto' resultaron finalistas tamén o alumnado de 4º de ESO do CPI de Ponche Carreira, en Frades; e o de 3º de ESO do IES Agra de Leborís da Laracha.
Calendario de carreiras
Vigo e Pontevedra: 5 de maio, Ourense: 6 de maio, Santiago de Compostela: 7 de maio, A Ribeira Sacra e Monterrei: 8 de maio, Lugo: 11 de maio, A Mariña e O Barbanza: 12 de maio,Baixo Miño e Ferrolterra: 13 de maio, O Salnés e A Estrada: 14 de maio, A Coruña: 15 de maio
Nós iremos a Santiago o día 7, xa temos todo preparado!!

Sem comentários:
Enviar um comentário