27/03/09

Os libros collen po nas estanterías


Segundo un informe presentado polo Consello da Cultura, O 59% dos galegos non le nin un só libro ao ano.
Malos tempos para a prosa (xa non digamos para a poesía!!). O 59% dos galegos afirma non ter lido ningún en todo o ano, mentres que o 93,6% asegura consumir unhas dúas horas e media de televisión ao día. É un dos datos máis notables do informe realizado polo Consello da Cultura Galega sobre Lecer e hábitos culturais dos galegos obtido a partir dos datos do Instituto Galego de Estatística sobre a cuestión, datados de 2006.
Entre as persoas que afirmaron ler algún libro no último ano, o 29,2% asegurou que lía diariamente, mentres que o 48,6%, varias veces ao mes, o 11,7% por cento varias veces ao ano e o 10,6% ocasionalmente. A provincia onde máis persoas colleron un libro é Pontevedra, cun 45%; seguida de A Coruña, cun 43%; Lugo, co 34,4%; e Ourense no último lugar, co 32,9%.
No estudo revélase que, unha vez máis, son as mulleres as maiores consumidoras de libros, pero non de xornais, e asisten en maior número que os varóns a concertos, teatro, cine, museos, exposicións, etc. Os homes, pola contra, prestanlles máis atención aos espectáculos e eventos deportivos.

Por que lemos tan pouco? E as diferencias entre sexos, a que se deben? Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário