27/03/09

María Xosé Queizán: ‘As rapazas novas defenden actitudes que as denigran’


María Xosé Queizán, unha das autoras máis destacadas da teoría feminista en Galiza, acaba de ver publicado o seu último ensaio en Xerais, Anti Natura. Apoiándose no racionalismo, no saber científico e nos valores de igualdade, liberdade e xustiza, propón outro tipo de coñecemento: un cambio diametral de perspectiva, unha nova ollada para toda a sociedade en que as mulleres deixen de ser “esencia”, “natura” e de someterse ao patriarcado, e saian ao espazo público. Falamos con ela sobre os retos aínda pendentes, e aínda novos retos que obrigan a repensarmos continuamente sobre a reivindicación feminista.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário