
Desta vez achegámosvos unha actividade do Equipo de Normalización do IES Leliadoura de Ribeira: traduciron o trailer dalgunhas pelis que a todos nos gustaría ver nos cines en galego. Moi atinadamente chámaronlles "as pelis que nunca veremos". Seica os alumnos e alumnas o pasaron moi ben mentres o facían; mirade un deles e deixádenos a vosa opinión. Que vos parece a actividade? Gustouvos o resultado?
Sem comentários:
Enviar um comentário