O achegamento histórico proposto por Eduardo Rolland en Reconquista. Vigo en armas (Xerais), o relato Xan Loureiro de Xesús Muruais (Edicións A Nosa Terra) ou a nova aventura dos Bolechas polo Cotobade de 1809, O canón de pau, son algunhas das novidades que xa enchen os andeis.
A reconquista en Galiza
Un dos libros publicados recentemente sobre a Francesada está asinado por Juan M. Osuna Rey (A Coruña, 1938) e leva por título A Guerra de Independencia en Galicia. Editado por Edicións Lostrego, o autor elabora unha cronoloxía da invasión dos franceses e analiza coa intención de botar luz sobre a historia e renderlle homenaxe aos “soldados galegos que souberon oporse á inxustiza dunha invasión non desexada” e que ao seu ver foron “os verdadeiros heroes”. Un traballo ben elaborado, ao dicir da crítica.
A filla de Xan Loureiro
Pola súa banda, Edicións A Nosa Terra vén de editar dentro da colección Relatos históricos a obra Xan Loureiro, do escritor e xornalista Xesús Muruais (Pontevedra, 1852-1903), con ilustracións de Anxo Fariña.Ambientada na Pontevedra de 1809, este polémico xornalista relata a historia de amor entre unha moza galega e un alto oficial francés nos peores días da Francesada.
Xesús Muruais escribiu en destacados periódicos decimonónicos. Profesor de literatura e mestre dunha xeración de literatos pontevedreses coñeceu por tradición oral moitos dos episodios da guerra.
O sangue dos Cortiña
Nesta mesma colección figura ademais a obra O sangue dos Cortiña, de Miguel Anxo Fernández, con ilustracións de Pepe Carreiro. O crítico e escritor recrea un episodio ambientado nas terras do Ribeiro, vítima tamén da rápida invasión de Galiza polo exército napoleónico, que pouco a pouco se transformou en guerra de guerrillas.
Edicións A Nosa Terra ten previsto tamén o lanzamento proximamente de Cris Canalla, de Adolfo Caamaño dentro da nova colección ‘deRelatia’, coa francesada de pano de fondo.
A Francesada cos Bolechas
Outra das novidades relacionada coa Guerra da Independencia ten aos Bolechas como protagonistas. Pepe Carreiro proponlle desta vez aos cativos unha viaxe ao tempo dos franceses, concretamente ás loitas dos veciños de Cotobade. Titúlase O canón de pau. A través dos recordos do seu avó, Tatá, Sonia, Braulio, Carlos, Pili, Loli e Chispa descobren como esta vila loitou con útiles de labranza básicos, tirando do enxeño para gañar batallas, como foi o caso do canón de pau.
Opinade!

Sem comentários:
Enviar um comentário