O poeta Baldo Ramos obtivo o IX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño cun libro que leva por lema Palabras para un baleiro. É este un dos galardóns poéticos máis importantes do país, está dotado con seis mil euros e a publicación da obra en Espiral Maior. Amais de Baldo Ramos e Olalla Cociña, obtivérono Neira Cruz, Martín Veiga, Emma Pedreira, Miguel Mato Fondo, Estevo Creus, Xesús Pereiras e Marica Campo.
O xurado afirmou "neste libro atopamos unha reflexión profunda sobre o sentido da poesía como canle para entender a vida, para interpretar vivencias inefábeis. Un achegamento existencialista, case filosófico, na procura dunha expresión alén da propia poesía. Unha poesía esencializada con moito sentido do ritmo".
Ten publicados os libros de artista Ut pictura poesis, As follas da memoria, Monólogo do calígrafo, na colección de libros artesanais Bourel, e Signos de cinza, entre outros. En canto a libros de poesía, publicou Raizames (Follas Novas, Santiago, 2001), A árbore da cegueira (Espiral Maior, A Coruña, 2002), Los ojos de las palabras (Fundación María del Villar Berruezo, Tafalla, 2002), El sueño del murciélago (Pre-textos, Valencia, 2003), Escura e transparente (3C3 Editores, Santiago, 2003), e Diario de una despedida (Amarú Ediciones, Salamanca, 2005). Recentemente ilustrou a antoloxía de poesía de Celso Emilio Ferreiro que inaugurou a colección 13 lúas, de Faktoría K.

Opindade!
Sem comentários:
Enviar um comentário