25/03/09

A Fundación Casares dedícalle unhas xornadas a Ramón Piñeiro


A Fundación quere recuperar o pensamento e obra do autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras, unha das figuras clave da Galiza da segunda metade do século XX.

Do 23 ao 26 de marzo, polo auditorio da Deputación Provincial de Lugo pasarán varias persoas amigas, coñecidas e estudosas do intelectual que permitirán recuperar o seu legado. As xornadas, coordinadas por Gustavo Adolfo Garrido García, son dirixidas por Celso Fernández e Damián Villalaín, e contan coa secretaría técnica de Miguel Valverde Juncal e Tania Lago e Melanie Gómez na documentación.As xornadas organizadas pola Fundación Carlos Casares arrincan este luns cun acto solemne de apertura e un convite de agasallo, pero será mañá, martes 24, cando dean inicio as conferencias, referidas ao pensamento de Piñeiro: a primeira delas, a cargo do profesor Miguel Barros, leva por título "Ramón Piñeiro e o galeguismo", tema da súa tese doutoral, que presentou hai uns meses. A seguir, o catedrático de Historia contemporánea Xusto Beramendi falará sobre Ramón Piñeiro e o nacionalismo galego. Á tarde, o escritor Carlos Fernández falará da saudade como metáfora, e o teólogo Andrés Torres Queiruga, do pensamento filosófico de Ramón Piñeiro.O mércores centrarase na actividade de Piñeiro, e a primeira das súas facetas será a de editor, abordada polo director xeral da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. Despois, o catedrático de Ciencias Políticas Ramón Máiz falará sobre o concepto de cultura de Ramón Piñeiro, e o catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada Darío Villanueva, sobre as súas ideas literarias. Por último, o escritor Antón Baamonde falará sobre a relación entre Piñeiro e a política.A última das xornadas, o venres, comeza coa intervención do profesor Henrique Monteagudo, que abordará as cuestións lingüísticas relacionadas co autor. O avogado e escritor Xosé Luís Franco Grande falará sobre Piñeiro nos "anos escuros", e a experiencia máis próxima e vivencial virá do expresidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor, cunha conferencia titulada "O Ramón Piñeiro que eu coñecín". Pecha as xornadas, co título "Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega", o catedrático de literatura galega Xesús Alonso Montero.

Que vos parece?

Sem comentários:

Enviar um comentário