A Academia dás Ciências de Lisboa recibiu o 19 de marzo unha proposta para a inclusión de 700 palabras galegas no vocabulario común lusófono que vai ser elaborado segundo o recente Acordo Ortográfico. O documento foi elaborado pola Comissão de Lexicologia da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP)e e foi entregado por unha delegación desta entidade integrada por Isaac Alonso Estraviz, Ângelo Cristóvão, Concha Rousia e António Gil.
Non relatorio están lóstrego e brétema , termos que xa foran propostos por representantes galegos hai varios anos. Outros que se xuntan son cóxega , encoro , con , maino ou larpeiro , segundo avanza Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo e presidente da AGLP. «É só un resumo, o volume de léxico galego depende dos criterios que se utilicen. Hai formas relativamente moi usadas e cuxa lexitimidade é cando menos dubidosa. Non obstante, aquí o importante é que por fin o noso léxico sexa incorporado con normalidade dentro do corpus da lingua común», acrecenta Montero Santalha.
Que pensades? Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário