
Morreu novo, con só tres libros publicados –un póstumo–, pero a súa pegada na literatura do país pervive hoxe con forza. Iago Martínez e Alexandre Cancelo rodan estes días unha película sobre a vida deste olvidado escritor galego.
“Lois Pereiro é un escritor como de secta secreta”. Así define Iago Martínez, un dos directores de Contra a morte, o espazo que ocupa na actualidade un poeta que está a ser reivindicado para o Día das Letras Galegas, e que el e Alexandre Cancelo deciden recuperar nesta película. A rodaxe comezou o luns con Manolo Rivas e Xosé Manuel Pereiro no pub Filloa da Coruña, e continuará ata finais de abril en localizacións como Santiago de Compostela, Tui, Monforte de Lemos, Madrid e cidades alemanas como Berlín e Hamburgo.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário