
'Rumores de falúas', da cantante de Mos, competía con 'Todo é fume', de Ophiusa, e 'Miña bala perdida', de Víctor Aneiros. Foi finalmente a única vencedora galega dos XIII Premios da Música, xa que Deluxe e Iván Ferreiro, que competían na categoría de mellor álbum de pop alternativo, quedaron desprazados por 'Un día en el mundo', de Vetusta Morla.
En canto aos temas noutras linguas diferentes do castelán, amais de Uxía, gañaron Sergio Dalma, por "Ara ja no es hora", Benito Lertxundi por "Mirotzak", e Esther Fonseca, por "Negra", en asturiano. Os premios entregaranse o vindeiro 12 de marzo no pazo de congresos Manuel Rojas de Badaxoz.
Escoitar a Uxía sempre é unha gran aposta!
Que vos parece?

Sem comentários:
Enviar um comentário