19/02/09

Solución ó concurso do blog!

Tanto Entroido como Carnaval,son as dúas válidas e son sinónimos; Antroido é unha variante oral pero non está recollido na norma!
Moitas grazas por terdes participado a todas e a todos, que o fixestes moi ben! Estade pendentes que haberá novas cousas!
Recóllense unhas definicións para aqueles que estiveron algo máis galbaneiros á hora de respostar!

Diccionario da Real Academia Galega di:

carnaval s.m. 1. Período de tres días que precede á Coresma, no que se celebran unhas festas populares con máscaras, comparsas, bailes, etc. No carnaval cómense filloas, orellas e torradas. 2. Festa que se celebra nese tempo. Este ano imos ós carnavais a Laza. O carnaval de Río. u SIN. entroido.

entroidos.m. 1. Período de tres días que precede á Coresma, durante o que se celebran festas populares con máscaras, comparsas, bailes, etc. O Entroido é o tempo das filloas. SIN. carnaval. 2. As propias festas que se celebran durante eses días. O Entroido de Río, de Venecia, de Xinzo. Onte andamos todo o día de Entroido. SIN. carnaval. 3. Persoa que se disfraza nesa festa ou, por extensión, a que en xeral anda vestida de maneira descoidada ou ridícula. Chegaron uns entroidos pedindo cartos. Con ese gabán vas feito un entroido.

Diccionario de Ir Indo de Galego di:
entroido

< lat introĭtu ‘entrada da Coresma’
1s m Período de tres días que precede á Coresma.

2s m Festa popular, celebrada neste período, que se caracteriza polas máscaras, bailes e as comidas tradicionais. Ten a súa orixe nas antigas bacanais.

SIN:
entroido.

Sem comentários:

Enviar um comentário