O Parador de San Vicente acolle hoxe ás seis da tarde, o acto de presentación dun libro disco sobre a historia musical de Monforte, publicado pola editorial Ouvirmos co apoio do Concello, a Deputación e a Consellería de Industria. O volume é o número oito dunha serie de publicacións sobre o patrimonio musical galego denominada "Itinerarios histórico-musicais".
O libro divídese en tres seccións principais, unha das cales -escrita por Richard Rivera Armeiro- describe un percorrido polos lugares de interese histórico e cultural da cidade. Outro capítulo aborda especialmente o patrimonio musical vinculado á antiga casa condal de Lemos, escrita por Fernando Reyes, musicólogo e director do grupo compostelán de música antiga Resonet, que estuda desde hai tempo este pouco explorado patrimonio. A última sección, a cargo do músico soberino Luís Fernández Guitián, ocúpase da historia musical de Monforte durante os séculos XIX e XX.
Que pensades?
Sem comentários:
Enviar um comentário