06/02/09

Bota a andar a plataforma de comercio electrónico 'mercadogalego.eu'

Dende o 2006, a Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, investiu máis de catro millóns de euros en introducir as tecnoloxías da información e da comunicación para modernizar o sector do comercio.
Ana Rúa manifestou o seu desexo de pór o comercio galego a punto para converxer con Europa.
"Estaban xa implantados os portais individuais", afirmou, "pero o difícil era posicionar os produtos fronte aos consumidores na rede". Con este fin creouse un portal, mercadogalego.eu, para "situar o comercio galego na vangarda" e "implementar a venda a partir de internet": "isto supón abrir ao público (virtualmente) as 24 horas", sinalou. Hai xa preto de 100 comercios adheridos, logo dun proceso que arrincou en xuño, cunhas xornadas informativas para comerciantes nas catro provincias

Que pensades? Opinade!

2 comentários:

  1. Paréceme unha idea fantástica. Só falta que se adhiran moitos máis comercios, especialmente os do moble, porque estiven mirando e... moito deseño pero os prezos, miña nai! meten medo

    ResponderEliminar
  2. Anónimo6/2/09 16:56

    Tés razón, Ana, os mobles son ben caros, pero xa ves que todos da mesma tenda do Milladoiro. Con todo, aínda hai poucos comercios, esperemos que se adhiran máis comercios e a iniciativa vaia adiante.

    ResponderEliminar