Só os Vetusta Morlan e o seu álbum «Un día no mundo» poderán evitar que este ano o premio da Academia da Música ao mellor álbum de pop alternativo o leve un galego.
O álbum de Deluxe e o de Iván Ferreiro coinciden como nomeados nesta categoría. É ademais a única opción que teñen estes dous cantantes galegos de facerse cun dos galardóns que se entregarán o próximo 12 de marzo en Badaxoz. E terano duro porque os madrileños Vetusta Morla son, xunto a Amaral e Russian Red, os grupos que máis candidaturas acumulan.
Esta semana déronse a coñecer os nomeamentos nun acto en Madrid e, ademais das posibilidades de Ferreiro e Xoel López, tamén están nomeados Uxía, Ophiusa e Víctor Aneiros na categoría de mellor canción en galego polos seus temas «Rumores de falúas», «Todo é fume» e «Miña bala perdida».
Sem comentários:
Enviar um comentário