05/02/09

Revista LongaLingua

Coñecedes a revista LongaLingua?

Do número 21 de Longalingua, imos comentar , hoxe, dous artigos.
Un é da nosa compañeira, Valentina Formoso Gosende, creadora do Departamento de Normalización lingüística da CEG (1994) , autora dunha tese de doutoramento sobre o galego na empresa. Na actualidade, profesora de ensino secundario en Rianxo e coordinadora do ENDL do seu centro.
Titula o artigo "Normalización da lingua galega: a empresa global", e fai unhas interesantes reflexións sobre o que está pasando no eido empresarial, e que recollemos literalente:
“Existe desde hai anos a imaxe de que a lingua adecuada para as relacións laborais é o castelán, polo que tanto a enxeñeira coma o administrativo que chegan a traballar a unha empresa, van predispostos para empregar a lingua cervantina. Razóns? É a lingua na que están mellor formados, na que se move o seu contorno e é a lingua que consideran que deben usar.”
“Todo isto motiva unha converxencia cara ó castelán para escapar á mala educación e á mala imaxe que supón manterse nun uso monolingüe do galego. De aquí arrancan as prohibicións expresas ós empregados para usaren esta linga nos seus postos de traballo. Tan grave coma estas prohibicións máis ou menos explícitas son as negativas a usar o galego por parte daqueles/as traballadores/as ós que se lles dá carta branca para empregaren o idioma que queiran. O quid da cuestión está, por unha banda nas ideoloxías lingüísticas tanto de empresarios como de traballadores -que son un reflexo das do resto da sociedade pero un pouco máis acentuadas- e pola outra, nas inercias que estamos vivindo. Está a aumentar o número de obreiros sen cualificar (de orixe galega) que falan castelán decote. Non creo que ningún empresario da construción lle prohibise a ningún peón falar galego nunha obra, e agora cada vez hai máis peóns de 18 anos que falan en castelán.”

Que pensades? Opinade!


O segundo artigo desta mesma revista que nos gustaría comentar é unha entrevista que se lle fai a Uxía Senlle; recordades que fai un tempo propoñíamos Eterno Navegar para escoitar? Escoitástelo?
Pois Uxía afirma o seguinte: “O galego é a miña lingua, a lingua na que mellor expreso os meus sentimentos”.

Non nos cabe ningunha dúbida, ou si? Que pensades realmente?

1 comentário: