09/02/09

Ames crea a marca comercial "Calidade en Galego"



O comercio e o empresariado de Ames contan desde onte cunha imaxe corporativa que utiliza como referente a atención personalizada aos seus clientes e o uso do galego como reclamo para transmitir proximidade e diferenciación.
É a mensaxe elixida polos departamentos municipais de Promoción Económica e Normalización Lingüística para esta iniciativa, que gozou de gran aceptación entre os comerciantes, xa que nace con 199 establecementos adscritos en todo o concello, un número que o Concello amiense desexa aumentar, a pesar de que xa supón máis do 90% o sector comerciante polo miúdo do municipio.
O logotipo da campaña representa a letra «g» en cor verde para recordar que o servizo se ofrece «en galego».
Distintos representantes do Concello de Ames acudiron ao acto de presentación da campaña para destacar a importancia da iniciativa, o respaldo do que goza no sector e a consolidación do galego como lingua comercial sen ningún tipo de imposición. O máis expresivo dos interlocutores foi Francisco Villaverde, concelleiro de Cultura e de Normalización Lingüística, quen dirixíndose os comerciantes díxolles: «Agora, ide e predicade».
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário