O diploma do Foral do Burgo de Caldelas, considerado desde o2005 como o documento orixinal máis antigo escrito en galego é, en palabras do investigador Henrique Monteagudo Romero , «unha copia feita por un notario local, de Allariz ou máis probablemente do propio Burgo, por volta do ano 1250». Non foi emitido, pois, pola chancelaría real, o que se lle acontecería ao orixinal en latín, que data de 1228. Trataríase dunha das pezas «máis notables da documentación primitiva en lingua galega», segundo Monteagudo, pero adiántase a súa data, pois pasaría de 1228 a 1250. Así aparece nun estudo que acaba de publicarlle a Fundación Barrié de la Maza Letras primeiras. O Foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito .
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário