09/02/09

Testamento en galego?Si, grazas.

Cento setenta persoas, de Manuel Fraga a María Xosé Queizán, redactaron un testamento, entre o verídico e o literario, para o volume que promove a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e que exemplifica a posibilidade de redactar as últimas vontades na nosa lingua.

Un dos principais promotores da idea de testar en galego é Xosé González Martínez, presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, quen lembra que “foi no núcleo familiar tradicional onde se perpetuou o uso da lingua”. A data elixida para sacar a luz este libro, que leva por título “En galego, agora é sempre”, foi a de defuntos “polo especial significado que ten”. Xosé González lembra que a Lei de cemiterios de 1986 estase a incumprir, debido ao gran vencello que segue a existir na nosa terra co máis alá. “Tradicionalmente distinguíanse dúas parroquias: as dos vivos e a dos mortos. Mentres a fala familiar foi sempre o galego, os nosos devanceiros víanse na obriga de facer as súas derradeiras vontades en castelán na notaría”. Apunta tamén que a maior herdanza secular foi precisamente a lingüística, que non se chegaba a plasmar en textos legais. A campaña, segundo González Martínez, servirá para que poida “prevalecer o galego mediante mandato xurídico, algo que non se facía até agora”.
Lede a noticia enteira en A nosa terra e opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário