EDL

EDL

22/01/09

UN PREMIO PARA NEIRA VILAS. NORABOA!!



A asociación cultural O Facho recoñece "a súa longa traxectoria na defensa e na dignidade do país" co premio Facho de ouro.
A entrega do premio desenvolverase o vindeiro día 31 de xaneiro no transcurso dunha homenaxe que se celebrará na Coruña.
Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Buenos Aires, onde de- sempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia, en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio, como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela.
Fundará a organización libreiro-editorial Follas Novas para difundir o libro galego en América. En 1960 publica o poemario Dende lonxe, e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. En 1969, funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Dende 1983 ata que se xubilou, traballou como redactor-xefe da revista infantil Zunzún.
.

Sem comentários:

Enviar um comentário