22/01/09

Normalización lanza unha campaña para que se pida información en galego «cun sorriso»

O Concello da Coruña puxo en marcha a campaña Tes dereito a unha atención en galego, que aposta por pedir "cun sorriso" as comunicacións en galego. Esta campaña, na que colabora a Mesa pola Normalización Lingüística, intenta dar a coñecer á cidadanía o seu dereito a ser atendida oralmente en galego en calquera administración ou empresa pública.
Segundo explicaron desde o Concello, o obxectivo principal da campaña é garantirlle á cidadanía o dereito a unha atención en galego no ámbito municipal.
A campaña consta de 300 pósteres que serán colocados nas zonas de atención ao público nas instalacións municipais e 5.000 dípticos informativos que se lles facilitarán aos usuarios.
Que pensades ?

Sem comentários:

Enviar um comentário