22/01/09

Un certame de deseño de libros premia dúas obras da editorial OQO


O álbum ilustrado polo portugués André da Loba e editado polo selo galego OQO Editora, O oso e o corvo, recibiu o Premio de Ilustración 2008 do certame Visual de Deseño de Libros outorgado pola revista Visual, que recoñece os deseños das mellores publicacións editadas en calquera das linguas oficiais do Estado. O texto da publicación, da autora alemá asentada en Barcelona, Monika Klose, xira arredor dunha historia sobre soños, lealdades e acordos incumpridos que incide nunha mensaxe: en cada un de nós hai cousas de valor, só cómpre mirar no noso interior.
O traballo plástico de André da Loba alicérzase nunha investigación anterior durante a cal o artista estudou o movemento e o equilibro en figuras tridimensionais realizadas con material de refugallo. O tamén título de OQO, Un segredo do bosque, escrito por Javier Sobrino e con imaxes de Elena Odriozola, que xa optara a Mellor Libro Infantil de 2008 quedando finalista, repetiu posto nesta edición .
Que vos parece? Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário