20/01/09

Traducións ao galego de Edgar Allan Poe

Traducións ao galego de Edgar Allan Poe
Xa Xerais sacara no 97, na colección Xabarín, As aventuras de Arthur Gordon Pym, unha novela que parte da catástrofe para situarnos na loita dun home contra si mesmo. A tradución, a cargo de Alberto Avendaño, mereceu o Premio á Tradución do Ministerio de Cultura, 2000, e fixo que o libro entrase na Lista de Honra do IBBY. Dez anos despois, a editora publicou, tamén traducido por Avendaño e na colección Xabarín, O escaravello de ouro e outros contos
Urco Editora botou a andar o ano pasado regalándolles aos seus socios e socias unha tradución d'O corvo realizada por Tomás González Ahola, cos debuxos de Gustav Doré. "Para min foi un soño cumprido", afirma Tomás, "e para a editora foi a mellor escolla, non paramos de reimprimilo. É o autor que me introduciu no mundo da literatura fantástica, e O corvo foi un reto". A tradución respecta os esquemas métricos e rítmicos do que elaborou a Teoría da Composición. "É un autor moi respectado", afirma Tomás "edítase, fálase del, adáptase a soportes non literarios... Aínda que dende certos círculos académicos considéraselle un autor de segunda, e a literatura fantástica como un subxénero". González Ahola observa tamén que baixou moito o coñecemento deste autor. "Antes era moi recomendado no ámbito educativo, e agora aos rapaces xa non lles soa. Pero debería recuperarse: tivo unha influencia decisiva, non só no ámbito da literatura fantástica, senón tamén como crítico e teórico literario".
O proxecto máis ambicioso é o de Edicións do Cumio: a editorial crea este ano unha colección especial, Biblioteca Edgar Allan Poe, con catro títulos traducidos por Susana Rodríguez Barcia, e ilustrados por Fino Lorenzo. "A súa figura deixou pegada non só no simbolismo francés ou nos escritores vitorianos, senón que, durante todo o século XX, foi froito de homenaxes tanto na literatura como no cine, a música e a pintura", din dende a editorial. "200 anos despois do seu nacemento, a súa vixencia segue presente. Edicións do Cumio quere renderlle tributo".
O primeiro título en saír, previsto para comezos de marzo, é Os crimes da rúa Morgue, o agromar do xénero detectivesco da man do investigador Auguste Dupin. O segundo, O escaravello de ouro: ao atopar un abraiante escaravello e un misterioso pergamiño, William Legrand decide buscar o tesouro do capitán Kidd. Despois virá Un descenso ao Maelström, e o cuarto volume incluirá os relatos "A máscara da morte”Que vos parece ?Opinade

1 comentário:

  1. Acabo de ler en castelán Los crimenes de la calle Morgue;pareceme moi ben que tamen se poida ler en galego.

    ResponderEliminar