EDL

EDL

16/01/09

Morre o escritor Manuel Riveiro Loureiro



Na mañá deste xoves morreu na Coruña o escritor Riveiro Loureiro, un vocacional da escrita como el se definía, e a quen nos últimos anos tamén puidemos ver en diferentes programas da TVG.
Na súa autobiografía, na Biblioteca Virtual Galega, o escritor coruñés Manoel Riveiro Loureiro (A Coruña, 1933-2009)) definíase como" un escritor vocacional, tal vez compulsivo, anque serodio, que só empezou a publicar tralo seu regreso dunha longa e non pouco azarosa emigración, na que se emborcou en moi distintas actividades. Admirador teimudo e confeso da noutrora formidable URSS, ten traducido ó castelán e galego diversas obras clásicas da literatura rusa, tanto de autores do século XIX coma de outros, aquí a penas coñecidos, da época soviética".
Entre algunha das súas obras están: "Pola ida e pola volta", "A moa", "O Coronel ten a quen lle escribir", "O patrón", "Caladamente", "Corpo canso", "A primeira pedra", "O prazo", "A volta de Castelao", "Benvidos", y "Sabotaxe na Estaca de Bares".
Entre as mostras de dór feitas públicas están as da Asociación de Escritores en Lingua Galega e d'A Mesa pola Normalización Lingüística, das que formaba parte.

Dende logo que unha gran perda!

2 comentários:

  1. alégrome de que tamén nos colexios vos fagades partícipes desta perda para a lingua e a cultura galegas. Grazas

    ResponderEliminar
  2. Porque os rapazes temos que dar tamen a nosa opinión.Non che pareze?Encantada de conocerche ana

    ResponderEliminar