27/01/09

A maioría dos votantes cren que o galego está en inferioridade

Fixádevos no que di esta noticia e dádenos a vosa opinión!

A enquisa elaborada por Quadernas Consultoría para Xornal de Galicia no marco da precampaña do 1-M revela:

- A maior parte dos electores observan ao galego nunha posición de "inferioridade en relación ao castelán", un 42,2 por cento.

- Ambas as linguas gozan, na actualidade, dunha "igualdade de condicións", segundo o 41,5.

- A penas un 11% dos enquisados avala as posicións dos grupos que consideran que o castelán estea prexudicado.
- Só 11% dos chamados ás urnas o vindeiro 1 de marzo considera que o galego relegase ao castelán a unha posición secundaria. Un 42,2 % non dubida que a lingua do país se atopa nunha situación de "inferioridade en relación ao castelán e un 41,5 por cento afirma que "o galego e o castelán están en igualdade de condicións en Galicia".

- Un 5,2 % di non saber que responder á cuestión presentada polo estudo electoral de Quadernas Consultoría para Xornal de Galicia ou prefire non manifestar a súa opinión sobre o estado de saúde do idioma galego.

Sem comentários:

Enviar um comentário