O PP leva ao Congreso dos Deputados unha proposición que abriría a segregación das aulas por cuestión do idioma
A cuadratura do círculo ou como converter a normalización lingüística nun labirinto e garantir a expansión do castelán. Esa parece ser a estretexia do Partido Popular (PP) nos seus continuos ataques á política desenvolvida nas comunidades bilingües respecto do idioma. Agora, o partido liderado por Mariano Rajoy acaba de presentar no Congreso dos Deputados, en Madrid, unha proposición de lei para estender por toda España un proxecto de bilingüismo "harmónico, equilibrado e integrador" baseado na liberdade dos pais para elixir a educación que queren para os seus fillos.
O proxecto encerra unha nova contradición do partido da dereita: aseguran que non pretenden a separación de aulas por razón de idioma e, porén, reclaman que cada pai elixa o idioma no que quere que os seus fillos estuden. ¿Como se conseguirá non segregar en aulas diferentes dous alumnos cuxos pais elixen para un -por exemplo- o galego e para o outro castelán? Iso é algo que a portavoz do PP, Soraya Sáez de Santamaría, non aclarou.
"Defendemos un bilingüismo harmónico, cordial, e cun norte: a liberdade e a non intromisión nos dereitos dos españois a elixir a lingua que pon voz ás súas vidas"..
Sobre os aspectos concretos da iniciativa, a portavoz sinalou que avoga pola garantía de que o ensino en castelán circule por todo o ciclo educativo, pola non separación de aulas en función da lingua e pola excepcionalidade daqueles nenos que por razóns familiares acoden a unha comunidade cunha lingua cooficial que non coñecen.
Que pensades deste artigo?
Sem comentários:
Enviar um comentário