27/01/09

Flocos.tv colga na rede a peza "O carro e o home"

Está dispoñible un ciclo de curtas en 3D
O "cineclube" do audiovisual galego na rede, http://flocos.tv/ xa ten colgada a peza O carro e o home de Antonio Román coa voz de Xaquín Lourenzo Xocas. E por outra, dedica o ciclo desta fin de semana a unha selección de curtas de animación en 3D do Máster de Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña.
Entre as pezas, poderanse ver Cuxa (2001), Castin (2003), Pechados (2005), O moliniño (2007), Paso a paso (2007), Lelo e as estacións (2008) e Illa de Pascual (2008). Moitas das curtas de animación foron seleccionadas e proxectadas xa en diversos festivais de animación en Galicia e fóra do país.
Vemos algunha e comentamos?

Sem comentários:

Enviar um comentário