27/01/09

Ourense: capital do hip-hop

Ourense como gran foro da cultura hip-hop en España. Iso queren conseguir colectivos da cidade
O promotor da iniciativa, Jesús Aguirre Bigsugar ten 28 anos e con 13 xa pintaba graffitis pero deu un xiro á súa afección para convertela en ocupación e, tras promover numerosas actividades de cultura hip-hop nos últimos anos, busca recursos para convocar "ao mellor do resto de España e a algúns de Europa con familia en Galicia", subliñou. O proxecto co que Bigsugar busca financiamento desde hai varios meses inclúe unha trintena de graffiteiros dos que o 80 por cento son galegos, participantes nun campionato de break-dance con grupos de Portugal e outros como Malaganstad de Málaga, Blak Sadow de Vigo, Fanatical Minds de Ourense e un xurado integrado por The Wanted de París.
"Dános igual que acepten a nosa proposta para incluíla nas festas grandes da cidade, no mes de xuño, ou fóra delas, no mes de xullo, pero esperamos apoio para esta oferta de case 24 horas de cultura hip-hop que atraerá afeccionados e practicantes de toda Galicia e norte de Portugal", engade. Entre os participantes, estarán a maioría dos 30 graffiteiros cuxa actividade comezou en Ourense a principios dos anos 90, con pinturas en muros e pontes do barrio do Couto, como Camilo González Dasilva Dash, Abraham Caride Abra e David Fernández Dafer e outros incorporados máis tarde como Lucía Sánchez Miss7. Os catro forman parte dun colectivo con graffiteiros de Burgos, Betanzos, Vigo, Barcelona e París chamado Mp3 que organizan "quedadas" nas que o grupo anfitrión pon á disposición dos de fóra un muro para un debuxo que é o resultado de integrar as propostas de todos os participantes.
Opinade!

1 comentário:

  1. camilooo soy cigdem (2003, ourense,) :)
    chilli1982@hotmail.com

    ResponderEliminar