16/12/08

Unha firma de desño web, premio Manuel Beiras

O Concello e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela entregaron o pasado venres 12 de decembro, ás 21:30 horas no Hotel Araguaney, os galardóns da novena edición dos Premios Manuel Beiras a empresas que apostan polo galego. Este ano os gañadores son a empresa de deseño na internet 'A Navalla Suíza', a imprenta Tórculo e o centro de compras Área Central.

A gañadora na categoría de nova incorporación ao uso da lingua galega foi A Navalla Suíza, unha empresa de nova creación pero “cun intenso percorrido en prol da lingua a través das novas tecnoloxías da información”, din os organizadores. O premio distingue “a orixinalidade da súa páxina web (www.anavallasuiza.com) e outros aspectos comunicativos e innovadores das súas propostas”.Na categoría de empresas cun uso continuado do galego alzouse co premio Tórculo Artes Gráficas, unha imprenta compostelá que celebra este ano o seu 25 aniversario, “unha longa traxectoria empresarial na que utilizou como base estratéxica de comunicación a lingua galega”.A distinción especial recaeu no Centro Comercial Área Central, “polo seu compromiso decidido na proxección da lingua galega desde a súa apertura na cidade hai xa 15 anos". O premio ten un contido simbólico e non supón ningunha prestación económica. Iso si, os premiados recibirán unha escultura de Acisclo Manzano deseñada, en exclusiva, para estes galardóns.

Penso que é unha noticia que vale a pena comentar? Como é que se segue usando maioritariamente nas empresas o castelán?

1 comentário:

  1. Pois a verdade é que me entrou curiosidade polo nome e por visitar a páxina; teño que dicir que algo aprendín!

    ResponderEliminar