16/12/08

O Consello de Europa critica o abandono do galego

O Comité de Expertos do Consello de Europa lamenta nun informe a "insatisfactoria" situación do galego no ensino, a discriminación que sofre no sistema xudicial e a súa escasa utilización nas empresas estatais. Esta organización internacional propón para Galicia un modelo de ensino basedo na "inmersión total" no idioma propio e alerta da súa "baixísima" presenza na etapa preescolar, cunha cobertura do 1,3%.

O Consello de Europa critica que o Goberno central "non realice actividades para promover o emprego do galego" en entes como Renfe, Adif, Correos ou Aena. Nestas compañías "utilízase nalgunhas ocasións" en documentos oficiais, pero "existe unha escasa dotación de persoal galegoparlante que poida prestar servizos". O Comité de Expertos reprocha ó Estado o seu incumprimento dos compromisos adquiridos.
A Xustiza tamén ten sido obxecto de reproches por parte deste organismo internacional, que critica os "notorios retrasos" nos casos xudiciais que se fan en galego debido a que o Departamento Lingüístico do sistema xudicial en Galicia "dispón de nove tradutores para máis de 9.000 procedementos". Estas demoras provocan que os avogados "inciten ós seus clientes a empregar a lingua castelá" para axilizar o proceso.
Isto pasa todos os días, debido a que e a quen? Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário