10/12/08

O galego entre as embarazadas

Política Lingüística fomenta o galego entre as embarazadas A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou hoxe os novos materiais da 'Xeración e Logo!' para embarazadas e asegurou que 'falar galego a un fillo en Galiza é ofrecerlle unha oportunidade e favorecerlle a súa integración futura'.
O novo maletín para embarazadas pretende constituír un "agasallo útil” ás mulleres que presentan un estado avanzado de xestación e ten o obxectivo de "favorecer o uso do galego" nos máis cativos.O obsequio consiste nun maletín que inclúe composicións musicais sobre textos de poetas galegos "de todos os tempos", un folleto con "posíbeis nomes" para os fillos e fillas, un adhesivo para o coche deseñado polo ilustrador Kiko da Silva e xogos introdutorios. Tamén incorpora un libro con consellos, instrucións e reflexións sobre o uso da lingua na familia.A iniciativa, liderada por Política Lingüística, conta, ademais, coa colaboración do Servizo Galego de Saúde. Neste sentido, a vicesecretaria xeral do servizo, Alicia López Rodríguez, destacou a "concordancia" deste programa co Plan Integral de Atención á Muller e salientou a "coincidencia de estratexias" entre as distintos departamentos da Xunta.
Que pensades disto? Comentade!

Sem comentários:

Enviar um comentário