10/11/08

A Xunta e a CRTVG editan oito películas en DVD en lingua galega

Distintos medios de comunicación confirman que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) firmaron un convenio de colaboración para "incrementar" e "promocionar" o audiovisual en galego dentro do cal se editarán oito novas películas en DVD, que sairán próximamente ao mercado.
Según explicou Política Lingüística, os espectadores poderán encontrar estos oito títulos nos expositores de 177 puntos de venta en toda Galicia, que inclúen centros comerciais, librarías e outros establecementos; e tamén se poderán adquirir os DVD da serie Planeta Fantasía, a largometraxe Os vixilantes do Camiño e a serie documental Historias de Galicia.
O obxectivo desta iniciativa, é "promocionar" a edición do audiovisual en galego en formato doméstico, especialmente o dirixido ó público infantil e xuvenil. No acordo, a CRTVG comprométese a facer todas as xestións necesarias para a produción, promoción e xestión da propiedade intelectual e industrial dos productos audiovisuais publicados, así como difundir a información relativa a estas obras. Política Lingüística aportará apoio e asesoramiento técnico en materia lingüística e terminolóxica relacionada coas iniciativas enmarcadas no convenio.
Parécevos interesante?

Sem comentários:

Enviar um comentário