10/11/08

Os centros educativos de Vigo non cumpren o decreto do galego

Un estudo conclúe que tres de cada catro colexios de Vigo incumpren o decreto do galego.

Apenas o 25% dos centros educativos de Vigo cumpren o decreto do galego. O curso pasado foi o primeiro no que se implantou a norma que obriga aos colexios e institutos a impartir polo menos a metade da docencia en lingua galega. A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo realizou unha primeira sondaxe aproximativa entre marzo e xullo deste ano e concluíu que tres de cada catro centros vigueses (hai uns 140) non cumpren co que establece o texto legal aprobado polo Parlamento galego.
O incumprimento do decreto hai que achacarllo máis á Consellería de Educación que aos centros ou aos propios docentes, segundo explican na Universidade de Vigo. A Xunta lanzou o decreto sen publicitalo e sen dotalo de medios materiais nin económicos. «Atopámonos con que hai moitos docentes que non saben de que vai», sinalan. «Ata hai profesores que pensan que se derogou porque houbo quen fixo escándalo do tema», engaden.
O Área de Normalización Lingüística imparte charlas a pais de Vigo, Ourense e Pontevedra sobre a lingua galega e atopouse con esas situacións. Segundo ese departamento, fai falta moita formación. O 90% dunha clase é oral e hai moitos profesores que non teñen competencia lingüística suficiente como para impartila. «E outros non se senten seguros falando ou galego», sinalan.
As primeiras conclusións son claras. Ningún centro concertado imparte a metade das materias en galego en todas as etapas educativas (infantil, primaria e secundaria). Agora ben, os autores do traballo recoñecen que hai varios colexios concertados urbanos que están moi preto de cumprir as esixencias do decreto, pero falla na educación infantil.
A zona rural é, ademais, a que máis está seguindo as directrices legais. Desde a Universidade de Vigo chaman a educar aos nenos galegos nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma. «É ou mellor que lles podemos facer», afirman. Está demostrado, engaden, que os nenos bilingües «son moito máis competentes e moito máis abertos».E este non é un informe da Mesa pola Normalización!! Parécevos que o castelán está en perigo? Como o vedes estudo conclúe que tres de cada catro colexios de Vigo incumpren o decreto do galego

Sem comentários:

Enviar um comentário