10/11/08

Nova campaña a prol da etiquetaxe do viño en galego

Durante o mes de decembro comezará a campaña de normalización lingüística 'Deixa que o viño fale. Consume viño etiquetado en galego', promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. A razón principal, que a etiquetaxe na lingua de orixe non só non limita o mercado, senón que é beneficiosa para a diferenciación dos produtos.
A campaña, apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellaría de Medio Rural, incide en que “o uso da lingua galega na etiquetaxe reforza a vinculación do produto coa sociedade, a cultura e a terra nas que xorde”. Sinala ademais que “identificar os produtos coa lingua do país onde se producen ten efectos beneficiosos nos mercados internacionais. Bo exemplo do que estamos a dicir é a identificación dalgúns produtos coa lingua de orixe: os champáns etiquétanse en francés ao igual que os produtos de cosmética de calidade, por exemplo. Vender en galego, xa que logo, non terá máis que beneficios.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário