12/11/08

A PALABRA MÁIS FERMOSA


Dende o ENDL xurdiu a idea de preguntarlles a alumnos e profes cal lles parecía a palabra máis fermosa da nosa lingua. A participación foi masiva e as tres palabras máis elixidas foron estas tres:

BOLBORETA AMOR CABALO

Para premiar esta colaboración tan numerosa decidimos agasallar a tres persoas que elixiron estes vocábulos. Os premiados foron:

- Rosana Lorenzo – 4º C Secundaria
- Andrea H.- Infantil C
- Marcos Turnes- 4ºA Primaria

Mirade que caras de satisfacción!

1 comentário:

  1. Alégrome de que "bolboreta" estea entre as gañadoras, para mín esta palabra ten algo máxico. Supoño que o relato "A lingua das bolboretas" de Manuel Rivas e o conto "Bolboretas" de Xabier P. Docampo ten moito que ver niso...!
    Noraboa ós gañadores.

    ResponderEliminar