03/11/08

O galego aínda se converva como o terceiro idioma do País Vasco

Fixádevos ben o que se recolle nesta noticia, de La Voz de Galicia (2 de novembro do 2008), e facede comentarios:

“O galego aínda se conserva como o terceiro idioma do País Vasco despois do castelán e o eusquera, e 13 centros galegos e dúas asociacións culturais promovidos por emigrantes manteñen viva a cultura das orixes. Así o manifestaba recentemente en Compostela o historiador Xosé Estévez, natural de Quiroga, que reside desde 1973 nesa comunidade, onde desempeñou un importante labor docente e investigador na Universidade de Deusto e é unha referencia polos seus estudos sobre o pacto Galeusca.(…). Baracaldo é a cidade con máis presenza galega e hai rúas de Galicia ou Breogán, e monumentos a Castelao ou a Rosalía. Tamén en Trintxerpe, onde Estévez preside o colectivo Daniel Castelao, permanece unha representación importante. Aínda que a emigración galega é hoxe menos importante, restan presenzas importantes. Un exemplo é Masustegui, nas proximidades de Bilbao: residiron máis de 3.500 galegos, hoxe hai máis de mil e José Ramón Losada, de Sobrado dos Monxes, máis coñecido como Pepiño o Gaiteiro, afirma que teñen os grupos de música e danza tradicional galega máis importantes: «Temos 6 gaitas, 2 tambores, 2 pandeiretas, 1 bombo e 1 concheiro; e hai uns 28 ou 30 bailaríns aínda que chegaron a 45», indica. Son «Os agarimos de Masustegui», que teñen actuado en varias localidades vascas. En Eibar, Ermua, Zarauz, Vitoria -na capital, o centro galego ten importante dimensión e está próximo á sé do Goberno Vasco- Ondarroa, Sestao, San Sebastián, Santurce, Bilbao ou Elgóibar é fácil escoitar o idioma ou asistir a manifestacións da cultura galega, e non falta unha Cofradia da Augardente e a Queimada do País Vasco. Este ano homenaxearon a Concha Murguía, a nai de Manuel Murguía, que era de Oiartzum.”

Sem comentários:

Enviar um comentário