EDL

EDL

11/10/08

O galego no Concello da Coruña.

A Nosa Terra, o 8 de outubro publica unha noticia moi interesante sobre “A Mesa pola Normalización Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña fixeron hoxe balance dos primeiros dez meses de funcionamento no ámbito municipal da Liña do Galego.”. Onde parece que a nosa lingua galega, non pode ser usada en varios contextos, fixádevos no seguinte:
”unha xinecóloga que exixía á súa paciente falar en castelán para ser atendida e o doutra persoa á que lle indicaron nunha entrevista de traballo que se falaba galego non ía ser contratado. Tamén hai unha queixa que atinxe ao Hotel Avenida, no que lle indicaron a un cliente que o poderían atender en español e mesmo en inglés, mais non en galego, e o xa denunciado publicamente caso do Carrefour, no cal un xefe de sección se dirixiu a unha empregada galegofalante coa frase “Burra, no hables lenguas menores””.
As palabras richían nas orellas e núblase a vista!Parece que no século XXI, algúns non coñecen e, o que é peor, destrúen a nosa lingua. A que todos falamos a diario.

Sem comentários:

Enviar um comentário